Os ex traballadores de Cedonosa reclaman a carta de despido

    cedonosa100_090309.jpgCATOIRA> Os traballadores de Cedonosa volveron a manifestarse hoxe, ás portas da empresa, tres días despois de ser despedidos.

    {flowplayer}images/salnes/090309_cedonosa.flv{/flowplayer}

    CATOIRA> Os 80 traballadores da fábrica de gres Cedonosa acudiron hoxe á fábrica, no seu horario laboral, pero quedaron ás portas do recinto. Dende o venres xa non son traballadores desta empresa que cerrou tras declararse en quebra. O director de Cedonosa entregoulles unha carta informativa aos traballadores, na que lles comunicaba o seu despido.

    Os traballadores concentráronse para esixir a documentación que os acredite como vítimas dun expediente de regulación de emprego. Sen a carta de despido, os traballadores non poden solicitar a prestación por desemprego.

    Despois de tres horas de concentración, ás portas da fábrica, a protesta deu resultado. Ás 12 e media da mañá compareceu o director da empresa, que lle entregou aos traballadores parte da documentación precisa para regularizar a súa situación.

    A empresa Cedonosa venderá os stocks de produción de gres nas súas instalacións de Catoira ao longo dos vindeiros días. Para o que a empresa ten previsto contratar a cinco empregados da plantilla que xa están designados, de xeito extra oficial.

    Redacción Salnés