Unha carreira ‘rompepernas’ para comezar a Festa do Marisco

    O GROVE>

     

    Máis de douscentos ciclistas sairán este sábado do Grove para percorrer a I Marcha Ciclista do Marisco. Atravesarán Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Meis e Poio nun trazado de 104 quilómetros que xa bautizaron como ‘rompepernas’, polas moitas subidas que o compoñen. Ó final terán unha merecida recompensa: comida nas carpas do marisco cun menú do máis completo.

     

     

    O Ciclismo é un dos deportes que vén tirando e moi forte no concello do Grove, de aí que ligado a unha das súas festas de máis proxección, a do Marisco, naza este ano a I Marcha Ciclista do Marisco. Coas inscricións pechando esta media noite, a organización leva contados xa máis de douscentos participantes dispostos a enfrontar o trazado de 104 quilómetros que atravesarán os concellos de Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Meis e Poio. As subidas amontes como o do Castrove ou A Siradella, fin da proba, valéronlle xa o alcume de ‘rompepernas’.

     

    A carreira partirá o sábado ás nove da mañá do monumento ó mariscador, aínda que dúas horas antes os participantes poderán recoller os seus dorsais. Habilitaranse dous puntos de avituallamento ó longo do percorrido e un na meta, con mesa e mantel na carpa do marisco.

     

    A vontade dos organizadores é dar continuidade á proba e promocionala da man da Festa do Marisco.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/23/marchaciclistagrove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/23/VOLTA_CICLISTA_MARISCO.mp4{/flowplayer}