A selección galega feminina volverá a xogar o 22 de decembro

    VILAGARCÍA> A selección galega feminina de fútbol xogará o vindeiro 22 de decembro en Vilagarcía. A Lomba será testemuña do encontro que enfrontará ao equipo galego coa selección catalá. Este martes o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, referiuse a Vilagarcía como a “cuna do fútbol” da provincia, na presentación do evento. 

     

    O regreso da selección galega feminina de fútbol xa é unha realidade. Despois de intentalo en varias ocasións, e non conseguilo pola incompatibilidade de axendas profesionais, a Federación Galega de Fútbol marcou xa a data: o 22 de decembro en Vilagarcía. 

    O presidente, Rafael Louzán destacou a boa disposición do concello de Vilagarcía e dos clubs locais ante a posibilidade de que A Lomba puidese albergar un evento destas características. Alberto Varela mostrouse satisfeito con que o encontro se celebre en Vilagarcía. 

    As futbolistas arousás Verónica Boquete ou Mari Paz Vilas constituirán outro dos alicientes para os afeccionados que se acheguen A Lomba o vindeiro 22 de decembro. A entrada será gratuíta para os menores de idade, e para os adultos terá un custe simbólico de 5 euros. Os que queiran mercalas poderá fácelo dende o 20 de decembro na propia billeteira do estadio vilagarcián. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/partido_federacion_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/13/partido_federacion_vilagarcia.mp4{/flowplayer}