O Concello de Vilagarcía presenta unha proposta propia para os RPT

    funcionarios_100.jpgVILAGARCIA> Esta mañá reuníronse en Vilagarcía o alcalde en funcións, Xosé Castro Ratón, o concelleiro de Formación e Emprego, José Membrives

     {flowplayer}images/salnes/100309_proposta_RPT_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … e os voceiros dos grupos da oposición. O obxectivo desta xuntanza foi a de presentar a proposta de goberno local en materia de organización do persoal municipal; un documento que tamén foi remitido ós representantes das forzas sindicais representadas no Concello.

    Esta é unha proposta deseñada polo goberno local, para que os actores implicados no proceso de elaboración da relación de postos de Traballo, os RPT, do Concello abran unha reflexión colectiva. Na elaboración deste organigrama, o consistorio tivo en conta as valoracións e os criterios expostos pola consultora DEMOS, aínda que con algunhas salvedades dadas polo coñecemento práctico e diario que o goberno ten sobre o funcionamento dos servizos e áreas municipais.

    Así nesta proposta, o organigrama funcional do Concello divídese en cinco bloques diferenciados: o da alcaldía máis as catro grandes áreas correspondentes ós servicios xerais, os servizos técnicos, á seguridade cidadá, e por último á relativa a de Servizos cidadáns. Asemade, nesta estructura contémplase a incorporación da Xerencia de Urbanismo, na que se unifican os servizos xurídicos e técnicos, así como a integración nunha mesma área dos servizos de obras e vías públicas co obxectivo de acadar unha maior coordinación e eficiencia.

    A xunta de portavoces volverá a reunirse sobre este tema o vindeiro 31 de marzo.

    Redacción Salnés