![]()
SALNÉS> O Agnusdei complícase e moito a permanencia logo de perder na cancha de Camariñas por tan só un gol de diferencia. O que sí gañou foi o Rasoeiro, que ten máis preto a salvación logo de doblegar ó Artai Poio en Monte da Vila.
Non se tivo que empregar a fondo o Rasoeiro no encontro que lle enfrontou ó Artai Poio, pechacancelas desta fase pola permanencia. Os grovenses arrancaron de xeito demoledor cun parcial de 7-1 que lles daba unha renta cómoda para afrontar o choque.
A relaxación nos últimos minutos da primeira metade propiciou a reacción visitante, que foi quen de poñerse a tan só tres goles cando se chegou ó descanso (10-7).
As diferencias mantivéronse nos primeiros compases da segunda metade ata que o Rasoeiro apretou en defensa, cazou un par de contras e finiquitou o encontro que se levou ó final por 25-19. Martín, con 6 tantos, e Borja con 5 foron os máximos realizadores polo cadro de Jaime García.
O Rasoeiro é quinto na táboa, empatado con outros tres equipos que suman cinco victorias en oito partidos e a tan só un triunfo do líder Guardés, ó que visitarán a fin de semana que ven.
O Albariño Agnusdei, pola súa parte, caeu derrotado na súa visita a Camariñas (24-23). Co debut no banquiño de Paulino Martín, que ó final sí puido desprazarse co resto da expedición, os meañeses amosáronse moi sólidos durante todo o partido, pese ás numerosas baixas coas que viaxaba.
O encontro transcurríu nunha tónica de igualdade durante os sesenta minutos. O Agnusdei tivo o encontro na man a falta de minuto e medio para o final, cando ía por por enriba no marcador e dispoñian de posesión. Pero unha controvertida decisión arbitral, sinalaron falta en ataque, provocou o descenocerto visitante, algo que aproveitou o Camariñas para empatar e logo gañar o partido.
Os meañeses voltarán a xogar a semana que ven a Coirón onde recibirán ó seugndo clasificado da fase, o Atlético Novás.
Redacción Salnés







