A Mancomunidade do Salnés inicia a 13ª edición do obradoiro de hostalería con 20 novos participantes

SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés presenta a décimo terceira edición do seu obradoiro de hostalería. 20 participantes formaranse nas especialidades de sala e cociña. Segundo a mancomunidade, cada ano reciben unha media de 100 ofertas para contratar ao alumnado destes obradoiros.

Nunhas instalacións privilexiadas como as do Real Club Náutico de Sanxexo, a mancomunidade do Salnés presentou a décimo terceira edición do seu obradoiro de hostalería. A formación é unha das máis demandadas do ente comarcal, e dos 400 aspirantes, só 20 accederon a esta obradoiro que lles permitirá adquirir profesionalidade en cociña ou sala.

O obradoiro conta coa financiación da Xunta de Galicia. A administración autonómica aporta máis de 350 mil euros para que os participantes reciban un salario á vez que se forman. Dende a Xunta destacaron a bo traballo deste obradoiro.

Ademais da presentación, os participantes tamén recibirán a formación nas instalación do Real Club Náutico de Sanxenxo. O alcalde da vila destaca a importancia para o seu municipio de formar a traballadores altamente cualificados no sector da hostalería.

Esa alta cualificación queda patente nas ofertas laborais que cada ano reciben os participantes do obradoiro. O contacto directo do obradoiro coas asociacións de hostaleiros dos diferentes concellos, permite conseguir preto de 100 propostas laborais.

Unha das novidades deste obradoiro é o cambia na súa dirección, Carmen Germade substitúe a Puri Ferro. A nova administradora dará continuidade a bo traballo desenvolvido polo obradoiro de hostalería nos últimos anos.