![]()
RIBADUMIA> Así o asegurou o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra na súa visita a esta parroquia. O acordo aprobarase nun mes.
{flowplayer}images/salnes/PARCELARIA_LOIS_110912.flv{/flowplayer}
A concentración parcelaria de Lois-Monte comezou fai tres anos e afecta de ó redor de 1800 propietarios e a case 9000 parcelas que foron reestruturadas. A día de hoxe, segundo informaron os técnicos da Xunta, o proceso atópase no seu momento máis importante xa que no prazo dun mes darase aprobación ó acordo, no que se recollen tódalas alegacións, e onde se determinarán xa as fincas de reemprazo. Unha vez resoltos os recursos de alzada, a comezos de ano poderíase proceder, asegurou Julián Alvira, á toma provisional dos terreos.
Unha moi boa nova para esta parroquia xa que os propietarios poderán ocupar xa nese momento a parcela que lle foi outorgada aínda que non contarán cos títulos ata máis adiante.
Nesta concentración parcelaria de Lois-Monte, na que a Xunta investiu máis de dous millóns de euros, as parcelas pasarán agora a ter unha superficie media de máis de dous mil cincocentos metros cadrados, cando antes a penas chegaban ós 670. Así mesmo reorganizáronse os accesos ás diferentes fincas.
Por último, Salomé Peña urxiulle ó Delegado unha solución para rematala pista que une o Monte do Castro coa rotonda de Leiro.
Redacción Salnés






