O centro de Saúde de Vilalonga abrirá en xuño

    CENTRO_SAUDE_VILALONGA copy.jpg SANXENXO> A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, visitou as instalacións xa rematadas. Queda acabar de equipalo. Contará con receita electrónica.

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_SAUDE_VILALONGA.flv{/flowplayer}
     
    Contará con nove consultas, salas de arquivos e reunións, vestiqrios, baños, recepción e biblioteca. Segundo as previsións da Consellería de Sanidade, a última semana de xuño o novo centro de Atención Primaria de Vilalonga estará listo para comezar a prestar asistencia sanitaria. Dous médicos encargaranse das consultas xerais, xunto a dúas enfermeiras. O cadro de persoal completarase cun odontólogo, un hixienista e unha persoa encargada dos servizos xerais.
     
    A construción deste centrocontou cun orzamento de preto de 760.000 euros. As obras do edificio xa remataron, e nestes intres estase dotando de mobiliario e equipamento sanitario de avanzada tecnoloxía, nun intento por modernizar a Atención Primaria. O ambulatorio de Vilalonga contará polo tanto co servizo de receita electrónica, ó igual que os outros dous de Sanxenxo, o de Baltar e o Portonovo.
     
    Nesta liña de modernización da Sanidade, a titular desta carteira na Xunta, Pilar Farjas, aproveitou para salientar que desde a consellería xa están a traballar na implantación das vías rápidas para axilizar a conexión entre a Atención Primaria e Especializada na detección precoz do cancro.
     
    Redacción Salnés