O Hospital de Día comeza a funcionar mañá no Salnés

    hospital_dia_salnes100.jpgVILAGARCÍA> O centro hospitalario do Salnés pon en marcha mañá o Hospital de Día atendendo a tres persoas.

    {flowplayer}images/salnes/HOSPITAL_DIA_SALNES.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O centro hospitalario do Salnés pon en marcha mañá o Hospital de Día atendendo a tres persoas. Este novo servizo permitirá tratar a pacientes con diversas patoloxías sen necesidade de ingresalos. Isto ofrece maior comodidade ó paciente, pero tamén liberar camas para os que si necesitan permanecer no centro.

    O Hospital de Día está situado na zona de consultas que hai á entrada do hospital. Aquí, o paciente poderá recibir tratamentos intravenosos e tamén se poderá extraer sangue a unha persoa que ten programada unha cirurxía.

    De momento, o Hospital de Día funcionará un día á semana, inda que a previsión é abrilo de luns a venres polas mañás de 8 a 3. Tamén se prevé que asuman un futuro os tratamentos de quimioterapia.

    OBRAS DE AMPLIACIÓN

    No Hospital do Salnés continúan as obras de ampliación para construír o terceiro andar. Hoxe traballaron no centro 18 operarios de cinco empresas diferentes, ademais da propia Alcuba, concesionaria das obras. Actualmente están practicamente rematadas a estrutura e a cuberta do novo andar, así como a división interior, que xa está ao 70%.

    Tamén se está traballando na conexión de diversas instalacións, como a de aire acondicionado e a de gases medicinais, conexión de climatizadores individuais para as habitacións, electricidade e fontanería. Esta última require conectar coas canalizacións do segundo andar, motivo polo que hai que ir pechando as habitacións nas que se vai traballando.

    Desde o Hospital sinalan que en ningún caso se chegaron a inutilizar máis de dúas habitacións ao mesmo tempo. Hoxe estaban traballando na 208 e 209, de xeito que só quedan sete das 22 que ten en total o segundo andar.

    Redacción Salnés