Os bombeiros do Salnés reforzan o equipamento da Unidade NBQ

    bombeiros_salnes_100_100309.jpgSALNÉS> Este equipo está destinado a dar resposta a riscos de orixe química.

    {flowplayer}images/salnes/100309_bombeiros_salnes.flv{/flowplayer} 

    Os bombeiros do Salnés dispoñen xa dun moderno equipamento para facer fronte a accidentes de tipo químico. A Unidade NBQ, creada para esta fin, contará con material para mitigar fugas de alta presión, como bandas pneumáticas, equipacións de tipo brida para obturar tuberías no caso de escapes industriais ou coxíns de baleiro.

    Unha vez obturada a fuga, para trasladar o produto químico a outro depósito adquiríronse unha bombas peristálticas, que permiten facer o traspaso sen riscos. A Unidade NBQ tamén se dotou de equipos de comunicación intracraneal e un sistema de descontaminación.

    O parque de bombeiros reforzou tamén o grupo de mergullo mediante bolsas con traxes para intervencións de urxencia, así como a unidade canina, coa adquisición dun remolque para o transporte dos cans. Tamén contarán con coxíns de alta e baixa presión e unha lanza térmica portátil para cortar superficies férreas.

    O consorcio investiu preto de 90 mil euros na adquisición destes equipos, co que se culmina un ano, o 2008, que o presidente deste organismo, Jorge Domínguez, calificou como moi positivo, con melloras salariais para os bombeiros e reformas nas instalacións.

    Con motivo da celebración do día do Patrón, Domínguez anunciou tamén que prevén seguir facendo melloras no parque, como a creación dun campo de adestramento para os bombeiros e outros corpos de seguridade da comarca.

    Redacción Salnés