Charlín acusa a Abal de utilizar as discrepancias como ‘excusas’ para romper

    CAMBADOS> Do outro lado, Xurxo Charlín. O concelleiro de Economía e Facenda e voceiro do goberno amosábase sorprendido polas declaracións de José Ramón Abal. Segundo Charlín, a alcaldesa aínda non lle comunicou o descontento do seu compañeiro de executivo. Tamén negou todas as acusacións, e acusa ao edil de Cambados Pode de usalo como excusa. Xurxo Charlín ofreceu a súa versión dende o seu despacho do concello cambadés. O edil de Economía e Facenda amosouse sorprendido pola situación, e asegurou que a alcaldesa aínda non lle trasladara a postura que lle comunicara José Ramón Abal. Polo demais, negou calquera intención de usurpar competencias. Para Charlín, a reacción de Abal é excesiva, e criticou que non falara con el antes de facelo cos medios de comunicación. Tamén acusouno de empregar as discrepancias como excusa para romper o pacto de goberno. O voceiro do goberno cambadés asegurou que está satisfeito co labor que está a realizar no goberno, e que ten a conciencia tranquila.