Morre un mozo de Caldas de 17 anos ó saírse da vía o coche no que viaxaba

    CALDAS > Un mozo de Caldas morreu onte nun accidente de circulación. O xoven, de 17 anos, viaxaba cun amigo que conducía o vehículo cando perderon o control do coche e foron bater cun poste.

    accidentecarracedo2_300_121006_1.jpgÁs once da noite un mozo falecía e outro resultada ferido grave nun accidente de tráfico na estrada N-550 ó seu paso polo lugar de Carracedo, en Caldas de Reis. O coche no que viaxaban os xóvenes, un Fiat Stilo, saiuse da calzada pola esquerda e foi bater contra un poste do tendido eléctrico.

    Debido a forza do impacto rebotou contra unha farola e posteriormente volcou na propia estrada. O falecido é un mozo do concello de 17 anos que responde ás iniciais A. B. I.. O conductor, A. C. C. de 18, foi trasladado a un centro sanitario. O seu estado era grave.

    Accidente laboral

    Un veciño de Ribadumia de 71 anos, Manuel Vieites Sineiro, resultou ferido grave onte ó caer dun andamio cando facía unha reparación doméstica na súa casa. Anque nun primeiro momento Manuel Vieites foi levado ó Hospital do Salnés, os médicos consideraron oportuno trasladalo ó Xeral Cíes de Vigo, a onde chegou a última hora. Presentaba traumatismo craneoencefálico severo e feridas de gravidade tras caer do andamio no que traballaba na súa casa de Sisán.

    Redacción Salnés