![]()
CAMBADOS> A preocupación volve ós veciños do Lugar da Barca, en Castrelo-Cambados. Dous anos despois de que rematasen os problemas …
{flowplayer}images/salnes/110309_protesta_vecina_castrelo.flv{/flowplayer}
…cos fertilizantes químicos e cereais que almacenaba a empresa Cebifrut, hoxe esta nave volve a acumular unha importante cantidade de madeira tratada, que ó parecer procede do estranxeiro. A estes cambadeses preocúpalle a repercusión que poidan ter os posibles tratamentos da madeira no entorno. Ademais, a finca desta empresa está rodeada dun pechamento de mestas árbores que son máis altas que as vivendas colindantes das que están a escasos dous metros.
Esta madeira comezou a chegar a este punto, preto da desembocadura do río Umia, a principios da semana pasada ante a sorpresa dos veciños, que saben polo Concello que estas naves non contan con licencia de actividade algunha. O venres á policía local acudía a este entorno a paralizar a acumulación de madeira.
E é que a estes cambadeses chóvelles sobre mollado. Fai escasamente dous anos que remataran os seus problemas cos propietarios desta nave. Desde o 1993 ata o 2006 estiveron metidos en litixios con esta empresa que antes se dedicaba ó almacenaxe de cereais e de productos fertilizantes químicos, segundo a voceira dos veciños.
Esta actividade provocou unha importante contaminación no entorno que ata o día de hoxe lles impide utilizar os seus pozos. Agora, pensan que esta é unha nova vinganza do empresario, que está a adecentar a empresa, presumiblemente, para vendela ou alugala.
Redacción Salnés







