Fernando Salgado presenta Elefantes y Hormigas, o seu primeiro libro

    VILAGARCÍA> Tras máis de cinco lustros adicados ó xornalismo principalmente na Arousa, o compañeiro do Diario de Pontevedra, Fernando Salgado ven de publicar a súa primeira novela: unha biografía novelada e histórica sobre un arousán de adopción que recorreu media Europa nos seus peores momentos históricos. Elefantes y Hormigas, que así se chama o libro, presentarase mañá á noite no Liceo Casino de Vilagarcía. A veces os xornalistas encontramos entre as novas de cotío persoas con historias incribles, dignas de ser contadas na mellor das novelas pero poucos escritores chegan a plasmar negro sobre branco esas vidas abraiantes. No caso de Stergios Patakioutas si vai a ser posible saber da súa incrible historia: un grego que pasou por campos de concentración na época de Hitler, traballou como un escravo, viviu en campos de refuxiados na Italia de Mussolini; e sobreviviu ás peores das catástrofes humanas. Arestora reside na Arousa tras namorarse da filla dunha vilanovesa no seu exilio en Arxentina. Este libro, Elefantes y Hormigas, ven de saír no prelo e será presentado mañá mesmo, ás 20.30 da noite, no Liceo Casino de Vilagarcía. Entre os presentes figurará o protagonista da obra ó que Salgado pretende homenaxear con esta súa ópera prima. Neste acto intervirán tamén o Presidente do Liceo Casino, Antonio Castro; a xornalista de Radio Arosa, Montse García, e a autora do libro revelación da temporada na Arousa, Montse Fajardo. A entrada é de balde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/fernando.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/entrevista_fernando_salgado.mp4{/flowplayer}