Importadores alemáns coñecen a D.O. Rías Baixas

    importadores copia100.JPGSALNÉS> Sete importadores alemáns e seis adegas participaron onte na mesa de traballo incluída no marco dunha misión inversa do IGAPE.

    {flowplayer}images/salnes/IMPORTADORES_ALEMANS_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Sete importadores interesados nos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas e un xornalista experto en caldos españois, forman a expedición alemá que estes días participa nunha misión inversa do Igape. Todos celebraron onte nunha mesa de traballo con seis adegueiros de Rías Baixas, coa finalidade de coñecerse e poder pechar negocios con este mercado coñecedor destes viños.

    Adegas Coto Redondo, Adegas Eidosea, Adegas Tollodouro, Lagar de Besada, Quinta Couselom e Castro Baroña, foron as escollidas polo Igape para participar nesta actividade. Todas elas traballan na exportación, aínda que non no mercado Alemán, de aí que o Consello Regulador vexa esta iniciativa como unha oportunidade de negocio.

    O feito de que outras adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas conten cun oco dentro do mercado alemán, xoga a favor dos novos negocios.

    A actividade completarase hoxe coa visita a tres adegas. Despois, a expedición xermana continuará a súa ruta para coñecer o resto das Denominacións de Orixe galegas.

    Redacción Salnés