Ribadumia celebrará unha especial 50 edición das festas do viño tinto con Panoroma, o Combo Dominicano e América entre outras actuacións

RIBADUMIA> A festa do viño tinto de Barrantes e variantes autóctonas chega a súa 50 edicións. O concello prepara unha celebración especial para celebrar o medio século. Luis Zahera dará o pregón dun festexo que contará con actuacións como a de Treixadura e as orquestras Combo Dominicano, América e Panorama entre outras. Agárdase a participación de máis de 150 viños nas catas.

O concello de Ribadumia xa conta os días para celebrar a súa festa máis grande, a festa do viño tinto e exaltación das variantes autóctonas. Un festexo que este ano chega a súa 50 edición. Un aniversario especial e para o que o concello prepara unha gran celebración a primeira semana de xuño.

A música é un gra reclamo pero o protagonista é o viño tinto. Esta semana recóllense os viños e a partir do 8 de maio comezarán as precatas. As precatas finais terán lugar o 24 e o 25 de maio. Dende a organización agardan a presenza de máis de 150 viños entre caldos tintos e variantes autóctonas.

A festa celebrará unha edición especial pero o soño do concello de Ribadumia e dos seus adegueiros é que se legalice a variedade tinto do Salnés.

Outra das novidades da festa é que este ano contará con Luís Zahera como pregoeiro. Ademais, durante todos os días da celebración estará presente o punto violeta axudando a que celebración se realice con total seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí