A casa de Castelao é declarada BIC coa categoría de sitio histórico

    biccasacastelao_100_120309.jpgRIANXO> Recoñécese así o valor histórico e simbólico do inmoble e outórgaselle o máximo grao de protección.

    {flowplayer}barbanza/biccasacastelao.flv{/flowplayer}

    Con esta declaración ponse fin a un proceso iniciado pola Consellería de Cultura en xullo do ano 2006. Un ano despois, concretamente o 24 de xullo, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo, incoou o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural da casa familiar de Castelao, ubicada na rúa de Abaixo. A declaración efectiva prodúcese unha vez que os técnicos de Cultura puideron entrar no inmoble para comproba-lo seu estado actual. Un feito que se produciu o pasado mes de febreiro, despois de que os actuais propietarios, a familia Baltar, se negara en varias ocasións a permiti-la entrada no interior da vivenda. Na visita realizada os técnicos de Cultura realizaron unha completa reportaxe fotográfica para incorporar á documentación do expediente, con imaxes do interior da vivenda e as pertenzas que aínda se conservaban.

    Informes favorables

    A declaración de Ben de Interese Cultural coma sitio histórico vén avalada polo informe favorable de tres organismos consultivos: a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.

    Indiscutible valor simbólico

    O decreto de declaración aprobado hoxe polo Consello da Xunta sinala que a casa ten un indiscutible valor simbólico e constitúe o espazo no que se formou como artista, intelectual e político a figura máis relevante de Galicia do século XX.

    Redacción Barbanza