O BNG de Boiro denuncia pasividade da Xunta fronte á invasión da vespa velutina

BOIRO> Para denunciar a actuación da Xunta de Galicia fronte o grave problema da invasión da vespa velutina, o BNG de Boiro anuncia a celebración dun acto público o próximo xoves Un acto que terá lugar ás 9 da noite do Centro Social de Boiro.

O BNG de Boiro anuncia a celebración dun acto público o vindeiro xoves, 5 de setembro, para informar sobre o problema da invasión da vespa velutina. Tamén queren denunciar a actuación da Xunta, xa que, segundo din, as administracións non están a facer nada.

No acto intervirán Raquel Suárez, o deputado polo BNG no Parlamento de Galicia, Xosé Luis Rivas, e Manolo Domínguez, biólogo e divulgador científico.

Esta praga detectouse por primeira vez en Francia no 2004, e dende o BNG de boiro denuncian que os protocolos da Xunta, quince anos despois, seguen sen facer efecto.

No acto vaise a emitir a curtametraxe ‘As Ladras’, do boirense Daniel Vazquez, para concienciar a cidadanía sobre os graves problemas que están a ocasionar as vespas velutinas.