O BNG  faise eco das demandas do profesorado do conservatorio municipal

RIBEIRA> Os nacionalistas denuncian o estado de deterioro que presentan as instalacións, que dificultan o bo desenvolvemento das clases. Tamén critican a situación laboral na que se atopa parte do seu profesorado.

O BNG presentou unha iniciativa no Concello a través da cal reclama diversas melloras no Conservatorio Profesional de Música Enrique Paisal. Os nacionalistas denuncian as deficiencias das instalacións, con problemas de humidades, e falla de insonorización das aulas que dificultan tamén o bo desenvolvemento das clases.

O BNG tamén recolle a situación da maior parte do profesorado do conservatorio que está contratado por debaixo das 30 horas.

A través do seu grupo parlamentario o BNG tamén solicitará o apoio da Xunta para que colabore economicamente co concello para subsanar as graves deficiencias que presenta a día de hoxe o edificio e se mellore a oferta educativa do conservatorio. Os nacionalistas tamén pedirán que se corrixan as precarias condicións nas que se atopa o profesorado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí