O derrube dunha ponte dificulta os accesos a varias empresas e un colexio

    accesofreixo_161007.jpgPOBRA > Sacyr manterá a actual ponte do Freixo mentres non se constrúa unha nova, co que se garante a accesibilidade na zona.

    As actuais obras de conversión da vía rápida do Barbanza en autovía están a causar numerosas molestias ós veciños desta comarca. Ó feito de pechar ó tráfico o tramo desta estrada entre Dodro e Palmeira, e o conseguinte desvío da circulación polo vello vial AC-305, hai que sumarlle tamén os numerosos problemas que as obras de construción en sí traen consigo, como é o caso de peche de accesos ou malas canalizacións de augas. Un dos últimos episodios vivíase na Pobra do Caramiñal ante o posible derrube dunha ponte sobre a vía rápida, no lugar do Freixo, que dá acceso ó colexio Pilar Maestú Sierra e a tres empresas alí emprazadas: Ecoplás, Subministros Barbanza e unha granxa de coellos, que a consecuncia desta actuación se ían ver claramente prexudicados, obrigados a realizar un desvío alternativo con demasiada complexidade para autobuses e camións.

    Xuntanza fructífera

    Co fin de buscar unha solución satisfactoria a este problema, esta mañá mantivose un encontro no concello no que participaron, ademais de representantes das empresas afectadas, membros da comunidade educativa do centro escolar e do instituto, así como o enxeñeiro responsable das obras. Na xuntanza acordouse mante-lo actual acceso mentres se constrúe unha nova ponte.

    Apertura na Semana Santa

    O rexedor pobrés agradeceulle á empresa Sacyr a colaboración que está a realizar de cara a soluciona-los problemas que as obras están a causar. Ademais volveu a insistir na necesidade de manter unha xuntanza coa Conselleira de Política Territorial de cara a estuda-la posibilidade de abrir de novo a vía rápida en Semana Santa.

    Redacción Barbanza