Bertolo e Rey Docampo, culpables de asasinato no crime de Silleda

    130309_veredicto_crime_silleda100.jpgPONTEVEDRA> Bertolo e Rey Docampo foron os asasinos de Víctor M. González e Santiago Mondragón, mentres que Carlos Montoto colaborou …

    {flowplayer}images/salnes/130309_veredicto_crime_silleda.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Juan José Bertolo e José Ramón Rey Docampo foron os asasinos de Víctor Manuel González e Santiago Mondragón, mentres que Carlos Montoto colaborou como encubridor das mortes. Esta é a conclusión á que chegou o xurado popular no caso do dobre crime de Silleda.

    Despois de pasar onte todo o día deliberando, preto das dez da noite o portavoz do xurado popular daba a coñecer o seu veredicto. Consideran a Juan José Bertolo autor material dos disparos que acabaron coa vida de Víctor Manuel González e Santiago Mondragón, baseándose nas probas físicas de pólvora e ADEN, así como os informes periciais e as testemuñas.

    En canto a Ramón Rey, o xurado estimou probado que participou en todo, agás á hora de disparar, polo que tamén lle imputan un delito de asasinato, mentres que ó terceiro dos acusados, Carlos Montoto, considérano culpable dun delito de encubrimento. O xurado coincide así coa tese sostida polo fiscal Pablo Varela.

    Unha vez coñecido o veredicto, o avogado do Ministerio Público solicitou para Bertolo e Rey penas de 35 anos de prisión por asasinato e rebaixou de dous a un ano e nove meses a petición por tenencia ilícita de armas.

    Para Montoto, a Fiscalía mantén a solicitude de cinco anos e medio de cadea por un delito de encubrimento. As acusacións mantiveron as peticións de 42 anos de prisión para os culpables de asasinato e sumáronse á Fiscalía na pena solicitada para Montoto.

    Os avogados dos dous culpables de asasinato instaron ó tribunal a que lles impoña as penas mínimas, quince anos por cada asasinato e un por tenencia ilícita de armas, así como que sexan declarados insolventes á hora de facer fronte ás indemnizacións.

    En canto ó letrado de Carlos Montoto, non se amosou desconforme coa pena solicitada polo Fiscal, e pediu que de aplicarse a atenuante, a pena se reduza a tres anos de cadea. Logo das intervencións dos letrados, o caso quedou visto para sentencia.

    Redacción Salnés