RIBEIRA> Os nacionalistas critican algunhas das tarefas que o equipo de goberno lles está a obrigar a facer ós voluntarios, que distan moito da atención a emerxencias. A través das denuncias que lle chegaron dos propios voluntarios de Protección Civil, o BNG decidiu presentar un escrito no concello solicitando información ó equipo de goberno sobre as graves incidencias que se están a producir na agrupación. Neste sentido o edil nacionalista Luís Pérez Barral, denunciou as tarefas que lles estaban obrigando a facer a moitos voluntarios e membros do GRUMIR que non se corresponden coa atención de emerxencias, nin con vocación de servizo público. Por esta razón pedirán explicacións ó executivo, así como tamén responsabilidades, esixindo mesmo a dimisión dos edís de Seguridade Cidadá e de Participación Cidadá. Os nacionalistas tamén se interesarán nese escrito, no que piden unha resposta por escrito, sobre o proceso de creación do grupo de emerxencias a nivel local.
Inicio Barbanza - Muros - Noia