Ana Domínguez encabeza a candidatura do PSdeG de Lousame

LOUSAME> Ana Domínguez será a candidata do PSOE de Lousame para as próximas municipais. Asume o reto de chegar á alcaldía co obxectivo de revitalizar o municipio favorecendo o asentamento de poboación e a creación de emprego.

O PSOE de Lousame celebraba esta fin de semana o acto de presentación da súa candidata. Ana Domínguez dálle o relevo a Julio Paradela no marco dunha renovación pactada, despois de que o ata agora voceiro decidira dar un paso atrás aínda que seguirá a formar parte da candidatura dos socialistas. Ana Domíguez asume o reto de encabezar a lista co obxectivo de dinamizar o municipio favorecendo o asentamento de poboación.

Con este fin, os socialistas aposta por servizos públicos de calidade para a atención á infancia e á terceira idade así como a mellora da cobertura de internet en tódolos núcleos para favorecer a implantación de empresa.

Esta arquitecta de profesión conta cunha ampla bagaxe en política municipal posto que xa formou parte da corporación municipal como concelleira socialista durante dúas lexislaturas.

Ó acto de presentación asistiron numerosos concelleiros socialistas de toda a comarca, entre eles, o alcalde de Boiro, Xosé Ramón Romero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí