A Festa da Chuvia encherá de música tódolos recunchos de Rianxo

RIANXO> A música encherá as rúas de Rianxo o próximo 9 de abril. Tras dous anos sen celebrarse pola pandemia, a Festa da Chuvia regresará á vila rianxeira cun amplo programa. O sábado haberá concertos por distintos recunchos da vila mentres que o domingo volverá surcar a ría o barco da chuvia.

A festa da chuvia regresa a Rianxo e faino por todo o alto. O festival dará comezo o sábado 9 de abril con actuacións musicais a cargo de grupos de toda Galicia en diversos espazos da vila rianxeira.

Ademais da presentación de traballos discográficos haberá propostas complementarias do máis novidoso como a demostración en vivo da composición e gravación dunha canción así como obradoiros de cantigas e unha xincana poética para os máis pequenos. O domingo a festa trasladarase ó mar co Barco da Chuvia que saírá do porto deportivo ás doce da mañá.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí