A militancia elixe a Carlos Gey como sucesor de Piñeiro

    candidatogey.jpgRIANXO> Carlos Gey optará á alcaldía de Rianxo baixo as siglas socialistas. Así o decidiu a executiva do partido na asemblea celebrada este sábado.

    {flowplayer}barbanza/candidatogey.flv{/flowplayer}

    O que durante os últimos anos foi o seu xefe de prensa e home de confianza converteuse finalmente no sucesor de Pedro Piñeiro. Carlos Gey contou co respaldo maioritario da militancia que o refrendou con trinta e un votos na asemblea celebrada este sábado. A outra aspirante, a actual tenente de alcalde Mari Carme Figueira ta só recibiu catorce apoios.

    Deste xeito, coa elección maioritaria de Carlos Gey zánxase a polémica aberta en torno á imposición dun candidato de fóra que ata o momento nin sequera militaba nas filas socialistas.

    Unidade

    Sen embargo, trala asemblea desta fin de semana lexitímase a candidatura de Gey que optará á alcaldía o vindeiro mes de maio. Haberá que agardar á presentación oficial da candidatura aínda que a mensaxe de unidade lanzada pola executiva abre a posibilidade a que Mari Carme Figueira forme parte da lista confeccionada por Gey.

    O socialismo rianxeiro abre así unha nova etapa tras vinte anos con Pedro Piñeiro á fronte da alcaldía na que o novo candidato deberá pugnar por manter a maioría do seu antecesor.

    Redacción Barbanza