O Vilalonga rexistra un segundo caso de tuberculose

luismi250_120309.jpgSANXENXO> Despois do caso de Pablo Puime, o seguinte en caer foi Luismi. O centrocampista vigués recibíu onte o diagnóstico se ben é certo que non desarrollará a enfermidade.

A tuberculose continúa a facer estragos nos futbolistas do Salnés. Primeiro Fernando no Arousa, logo Pablo Puime do Vilalonga e agora Luismi, tamén xogador celeste, que está contaxiado aínda que, no caso do centrocampista vigués, non vai desarrollar a enfermidade por tela collido a tempo, simplemente terá que seguir unha medicación durante uns meses para erradicar a aparición posibles brotes.

Despois de que se coñecese a nova de que Pablo Puime padecía a tuberculose, no plantel xurdíu a preocupación pola posibilidade de contaxio. Sen embargo, segundo os médicos, que Puime transmitira a enfermidade ós seus compañierosa transmisión era prácticamente nula porque él fora xa contaxiado, e as probabilidades nese caso, son menores. Pese a todo, Luismi fíxose as probas pola súa conta e os resultados foron postivos.

Isto fixo saltar as alarmas en San Pedro e o club xa se mobilizou para que no adestramento de hoxe se lle fagan as probas ó resto do plantel e corpo técnico. Directivos do conxunto celeste achegáronse esta mañá ó Hospital Provincial para pedir que unha enfermeira lles inocule esta noite no Revel a tuberculina para poder descartar posibles contaxios.

Redacción Salnés