Meaño creará Mercadena, no que hoxe é a Praza de Abastos

    mercado_dena_100.jpgMEAÑO> A actual Praza de Abastos de Dena vai a ser reconvertida en Mercadena. O Concello de Meaño decidiu finalmente manter este recinto…

     {flowplayer}images/salnes/110309_mercado_Dena.flv{/flowplayer}

    … neste lugar de Ponte-Dena, no canto de crear unha nova infraestructura noutro emprazamento. As razóns desta decisión hai que buscalas na falla de terreos alternativos para construír a nova praza, debido á lentitude que está tendo a tramitación da reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A esto hai que engadir, que a maioría dos veciños prefiren a actual localización.

    O proxecto de reforma prevé a creación de trece postos de venda repartidos en dous andares; oito no superior e cinco na planta baixa, ademais dos correspondentes servicios. A esto hai que engadir a colocación dun montacargas e dun ascensor nun lateral; e a creación dunha claraboia central que deixe entrar a luz natural á través dun tellado, que agora pasará a ser de tella do país no canto da actual uralita. No interior do recinto tamén se creará un cuarto para albergar o transformador eléctrico e habilitarase unha zona no exterior para os contedores do lixo.

    Neste novo emprazamento non haberá lugar para a oficina de Correos, polo que desde o Consistorio xa recomendaron a esta empresa pública buscarse unha nova localización no centro da localidade.

    O Concello pretende comezar a acometer estas obras nesta anualidade, compatibilizando, sempre na medida do posible, a actividade comercial ca reforma. Esta actuación vai a supoñer unha inversión de case 350.000 euros, polo que o goberno local xa está buscando posibles fontes de financiamento externas, como pode ser unha achega da Consellería de Innovación e Industria.

    Redacción Salnés