A Deputación continúa a ruta da Pedra e da Auga ata Armenteira

    louzan_ruta_pedra_auga100_130309.jpgMEIS> Os romeiros da Virxe das Cabezas, en Meis, poderán utilizar este ano a antiga ruta do río Armenteira.

    {flowplayer}/OBRAS_ALDEA_RURAL_MEIS.flv{/flowplayer}

    MEIS> A Deputación de Pontevedra vén de contratar dez persoas que se encargarán do mantemento da ruta da Pedra e da Auga ó seu paso por Meis e Ribadumia. O presidente do organismo provincial Rafael Louzán inspeccionou hoxe as obras deste entorno e indicou que a intención é deixar o parque totalmente transitable para a Romaría das Cabezas, o 13 de abril.

    Rafael Louzán lembrou que nos últimos dous anos, a Deputación investiu millón e medio de euros na recuperación do patrimonio en Meis, Ribadumia e Meaño, coa contratación de 40 persoas. Para este ano, o organismo provincial reservará preto dun millón para manter o recuperado e para seguir pondo en valor outros elementos. Só en Armenteira, quedan uns vinte muíños.

    Louzán describiu este como un paraxe único no Salnés e lembrou que o proxecto completo pretende crear unha ruta desde o muíño da Seca en Cambados, pasando por Ribadumia e Meis ata o Mosteiro de Armenteira.

    Redacción Salnés