O Concello de Ribadumia espera iniciar as obras do tanatorio en 2010

    velatorio_ribadumia100_100609.jpgRIBADUMIA> Os veciños poderán utilizar, namentres, as salas de velorio da residencia Geriatros.

    {flowplayer}images/salnes/velatorio_ribadumia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> Os veciños de Ribadumia que o precisen poderán utilizar as salas de velorio da residencia Geriatros. Así se recolle no convenio asinado esta mañá entre a alcaldesa Salomé Peña e o director do xeriátrico. Trátase dunha solución transitoria mentres non se constrúe o tanatorio municipal.

    Peña adiantou que o Concello xa está traballando no proxecto do tanatorio municipal. A rexedora estima que a principios de 2010 xa se podería estar construíndo. Ademais, o goberno local solicitou reunións con varias administracións para solicitar colaboración económica.

    O tanatorio do xeriátrico ten unha superficie de cen metros cadrados e está formado por dúas salas de velorio. Bastará con que os familiares ou a empresa funeraria encargada comunique na residencia a intención de utilizar a sala. Tal e como ocorre co resto de tanatorios, será a empresa funeraria a que se encargue dos gastos correspondentes do seu uso.

    Redacción Salnés