El Bierzo e O Grove estreitan lazos gastronómicos

    bierzo_100_130309.jpgO GROVE> A comarca leonesa presentou unha selección dos seus produtos típicos que posúen marca de garantía.

    {flowplayer}images/salnes/130309_productos_bierzo.flv{/flowplayer}

    A ‘I Presentación de Productos de El Bierzo’ trouxo ata O Grove unha mostra dos viños Mencía e Godello, o Botillo (produto cárnico que obtivo a marca de garatía de calidade no 2000), a manzana reineta e a pera de conferencia, así como o pemento asado e a castaña.

    Con esta exposición, O Bierzo afianza as relacións iniciadas o ano pasado co concello do Grove cando unha delegación meca se achegou ata esta comarca leonesa para presentar a súa festa do marisco.

    Logo de coñecer os diferentes produtos, os asistentes ó evento puideron degustalos en varios pratos preparados polos alumnos das escola de hostalería do Salnés. Ademais de promocionar a gastronomía entre os hostaleiros e restauradores da zona, a delegación do Bierzo pretende que esta iniciativa sirva como reclamo turístico da comarca leonesa.

    Redacción Salnés