Meijón levará ó Congreso as indemnizacións polo vial do Porto

    fotomeijonsobradelocopia.jpgVILAGARCÍA> Así llo trasladou o deputado nacional  ós afectados polas expropiacións do vial ó porto na xuntanza que mantiveron esta mañá.

    {flowplayer}images/salnes/ReunionPsoeAfectadosVialPorto.flv{/flowplayer}

    Indignados e cansos. Así se amosa este colectivo de veciños de Sobradelo. Son os afectados polas expropiacións que Fomento levou a cabo para realizar o vial do Porto, vial que vai para dous anos inaugurado sen que os cartos dos expropiados foran aínda abonados.

    Só cobraron algúns deles, a outros fáltalles unha parte e aínda quedan 15 veciños por cobrar a totalidade da débeda que este Ministerio contraera con eles. Na súa rolda de contactos cos partidos políticos tratando de buscar unha solución o problema, desta vez entrevistáronse co deputado socialista Guillermo Meijón, que se comprometeu a pedir explicacións no Congreso.

    As cifras ascenden, segundo este colectivo, a uns seis millóns de euros máis outros tres xa, polos intereses xerados nestes anos. Segundo Meijón, o primeiro é ver se existe unha partida destinada a isto nos orzamentos para este ano.

    Así é que as preguntas son claras; se hai previsión nos pagos e que cantidades están aínda pendentes. O deputado chamou tamén a atención da Ministra de Fomento, Ana Pastor. Segundo Meijón este é o momento para que demostre que realmente mira por Pontevedra.

    En función das respostas o colectivo non descarta levar a cabo novas mobilizacións.

    Redacción Salnés