O BNG critica o uso como almacén do aparcadoiro de A Negral

    BOIRO> O BNG de Boiro critica a intención do executivo de converter o aparcadoiro da Boqueira de A Negral nun almacén. Os nacionalistas entenden que é preciso dotar ó casco urbano dun espazo de estacionamento, tal e como estaba proxectado. Os nacionalistas consideran que a almacenaxe do material das brigadas non é o mellor destino para o aparcadoiro de A Negral, tendo en conta os problemas de falla de prazas de aparcamento que rexistra o centro de Boiro. Critican a decisión do executivo de acondicionar as instalacións para este fin, xa que existen varias naves de almacenamento en Espiñeira, en lugar de rematar o proxecto do parking tal e como estaba previsto. Dende o BNG consideran que o actual executivo está a desmantelar tódalas actuacións que quedaron pendentes da época do goberno bipartito, como é o caso do viveiro de empresas, o porto de Cabo de Cruz ou os plans parciais Por estes motivos volverán levar a pleno unha iniciativa relacionada cos usos finais desta polémica instalación.