RIBEIRA> Aproveitando a época da castaña e co obxectivo de enxalzar os produtos locais e incentivar tamén o consumo na hostalería, o Concello decidiu poñer en marcha esta primeira edición da ruta de tapas Toma Castaña!’.
Será xa esta fin de semana, o sábado 23 e o domingo 24, coa participación dun total de cinco locais que ofrecerán ós seus clientes as tapas con base de castaña, de xeito gratuíto, con cada unha das consumicións.
Segundo informaron dende o Concello a ruta nace co afán de continuidade en anos vindeiros, cun obxectivo claro de desestacionalizar o turismo, nunha época ademais de temporada baixa de afluencia de visitantes.











