![]()
POBRA> Dende hai corenta días non teñen servizo de recollida e desprázanse máis de trescentos metros para usar os colectores
Non é a primeira vez que os veciños da Ribeiriña se enfrontan a un problema similiar. O pasado verán xa denunciaran que o camión do lixo se negaba a facerse cargo da recollida polo mal estado do vial.
{flowplayer}barbanza/protestalixoribeirina.flv{/flowplayer}
Os temporais do mes de xaneiro afundiron parte do talude que sostén a estrada e dende ese momento, hai máis dun mes e medio, estes residentes no Camiño Real non teñen este servizo e mesmo lles retiran os colectores que había diante das súas vivendas. Por tal motivo, deben desprazarse máis de trescentos metros cara outros contenedores. Acudiron en varias ocasións ao concello para solucionar esta carencia, pero de momento non atenderon a súa petición.
Apoio da agrupación socialista
Facéndose eco desta denuncia, a agrupación da formación socialista de A Pobra mostrou o seu apoio con estes residentes, que se senten discriminados e totalmente esquecidos pola executivo local. Estes veciños creen que o alcalde non pon da súa parte para arranxar este problema e que está máis do lado da empresa concesionaria do servizo que de eles que pagan rigorosamente o imposto municipal de lixo.
Redacción Barbanza








