![]()
BARBANZA > O PPdeG presentará unha emenda ós presupostos da Xunta para a redución das taxas portuarias.
{flowplayer}barbanza/taxasportos.flv{/flowplayer}
O grupo parlamentario popular anunciou a presentación dunha emenda ós presupostos xerais da Xunta para 2009 encamiñada a minimiza-lo impacto das taxas portuarias sobre os hostaleiros e comerciantes das vilas costeiras.
Exención do pago
A proposta do PPdeG contempla a exención do pagamento deste imposto para a celebración de eventos como festas, exaltacións gastronómicas ou actividades promocionais relacionadas co mar.
Os populares solicitan tamén a desafectación do dominio portuario daquelas superficies que, na actualidade, non se dedican a actividades portuarias. A solución para estes casos radicaría en establecer convenios cos distintos concellos para a prestación de servizos básicos como limpeza viaria ou abastecemento.
Como paso previo a esta desafectación, dende o PPdeG propoñen excluír á hostalería e ó comercio da relación de usuaruos dos servizos e recintos portuarios. Esta medida transitoria suporía un importante beneficio para os negocios que na actualidade están a pagar cantidades desorbitadas en concepto destes tributos. Como exemplo, o voceiro do PPdeG, Manuel Ruíz indicou que hai locais en Ribeira que chegan a pagar ata seis mil euros anuais polas taxas portuarias.
Redacción Barbanza









