Gonzalo Caballero respalda o proxecto da residencia de maiores de Boiro

BOIRO> O Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Gonzalo Caballero, visitou esta mañá Boiro para manter un encontro co alcalde e demais membros do equipo de goberno. Entre outras cuestións abordaron unha das principais necesidades que presenta actualmente o municipio, como é a construción dunha residencia pública.

A visita do Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Gonzalo Caballero, a Boiro responde a unha reivindicación do goberno local, para trasladarlle unha vella demanda no municipio como é a construción dunha residencia pública. Tivo tempo tamén de atender a unha representación da plataforma veciñal que reclama esta infraestrutura para a que xa hai recollidas máis de tres mil sinaturas.

O líder dos socialistas galegos mostrou o seu respaldo a este proxecto, anunciando que levará esta demanda ó Parlamento para que o PP se posicione publicamente ó respecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí