PONTEVEDRA> A iniciativa Camiños Escolares do Concello de Pontevedra estase a converter nun novo referente a nivel autonómico…
{flowplayer}images/salnes/caminos_escolares_250413.flv{/flowplayer}
… para conseguir que os escolares galegos se poidan desprazar dun xeito seguro e autónomo ós seus centros de estudio. O progreso foi tal, que trala experiencia piloto, o Goberno Local prevé que xa no vindeiro curso tódolos centros educativos de primaria do casco urbán públicos ou privados podan formar parte activa deste programa.
Desde o Concello de Pontevedra salientan a boa acollida que está a ter por tódolos colectivos implicados, non só desde a coñecida como comunidade educativa, senón tamén desde os colectivos veciñais e empresariais locais que no seu día colaborarán na vixilancia dos traslados a pé dos escolares. Para informar máis polo miúdo deste proxecto, a maiores das charlas e reunións que xa se desenvolveron nos propios colexios, o Concello prepara unhas xornadas de portas abertas para o vindeiro catorce de maio.
A parte dos beneficios que xa se están a constatar na Cidade do Lérez, dun estudio recente feito entre estudiantes de Copenhague tírase que o traslado autónomo dos estudiantes ós centros educativos como os destes camiños escolares pontevedreses repercute directa e positivamente nos resultados académicos dos estudiantes.
Todo son vantaxes; co que xa hai Concellos que empezaron a copiar a iniciativa: unha comitiva pontevedresa explicará mañá en Carballo a súa experiencia para que nesta cidade do norte da Coruña se poida poñer en práctica un programa semellante.
Redacción Salnés