CAMBADOS> O venres 8 de setembro Cambados acollerá a segunda edición das xornadas da Fundación Manolo Paz. Conferencias e conversas en torno á paisaxe e á súa relación coa arte contemporánea centrarán os contidos da cita, que se desenvolverá durante dous días. Tamén se entregará o segundo premio Fundación Manolo Paz, que este ano recaerá no mecenas e coleccionista Román Pereiro. A Fundación Manolo Paz repite este ano as súas xornadas en Cambados. A cita desenvolverase os días 8 e 9 de setembro, con conferencias e conversas en torno á paisaxe e a súa relación coa arte contemporánea, degustacións gastronómicas da terra e música, entre outras propostas. Unha das primeiras actividades do programa será a entrega do segundo premio Fundación Manolo Paz. Galardón que este ano recaerá no mecenas e coleccionista Román Pereiro. Como principal novidade, esta edición incluirá a exposición “Paisaxes sen título”, na que participarán os artistas brasileiros Albano Afonso e Marco Giannotti, a escocesa Emma Crichton, o portugués Baltazar Torres, a valenciá Irene Grau e os galegos Juan López e o propio Manolo Paz. A inscrición nestas xornadas pode realizarse a traves da web da Fundación Manolo Paz.
Inicio Cultura