A venda ambulante ilegal preocupa as pescantinas de Noia

denunciapescantinasnoia_100_190209.jpgNOIA> Solicitan ao concello que aumente a vixilancia nas rúas do casco urbano para impedir esta práctica desleal.

{flowplayer}barbanza/denunciapescantinasnoia.flv{/flowplayer}

NOIA> Solicitan ao concello que aumente a vixilancia nas rúas do casco urbano para impedir esta competencia desleal. Ás pescantinas do mercado municipal de Noia o mes de febreiro estalles a resultar complicado de máis. Ao descenso nas vendas por mor da nomeada crise úneselles a venta ambulante de peixe no casco urbano, algo prohibido por unha ordenanza municipal.

Dende o colectivo non critican esta actividade comercial itinerante sempre e cando se realicen ca licenza correspondente e non supoña unha competencia desleal para os vendedores que cumpren coa legalidade.

Exhaustiva vixiancia

Pola súa banda, dende o concello de Noia sinalaron que se leva a cabo un exhaustivo control da venda ambulante ilegal no casco urbano da vila e que a policia municipal está a impoñer as sancións correspondentes aos infractores. O edil de mercados asegurou que grazas a esta continúa vixiancia non se ten constatado un aumento deste tipo de actividade ilegal no municipio.

Redacción Barbanza