A romaría de Loreto congrega a miles de devotos no Son

loreto100.jpgPORTO DO SON> Os sonenses volcáronse un ano máis na celebración do Día da súa patroa cunha masiva asistencia á romaría de Loreto.

{flowplayer}barbanza/romarialoreto.flv{/flowplayer}

Día de festa en Porto do Son onde a romaría da Virxe de Loreto conseguiu congregar, un ano máis, a centos de asistentes. O bo tempo que acompañou durante toda a xornada animou ós veciños a achegarse ata a capela onde a mediodía se celebrou unha misa solemne e a tradicional procesión.

Entre os asistentes había moitos devotos movidos polo fervor relixioso que inspira esta santa con fama de moi miragreira. Outros, chamados non tanto pola fe senón pola oportunidade de pasar unha xornada distinta na compaña de vellos coñecidos.

Sona internacional

Ademais de veciños do municipio, a festa contou coa presenza de visitantes chegados doutras zonas da comarca ou mesmo turistas que aproveitaron a sua estancia na localidade para coñecer esta romaría con tanta sona.

Tralos actos litúrxicos, os asistentes desfrutaron dun xantar nas inmediacións do campamento Virxe de Loreto amenizada pola actuación do grupo Os Maldados e a orquestra Anaconda.

Redacción Barbanza