![]()
PONTEVEDRA> O alcalde inaugurou o parking de Campolongo, que conta con máis de 700 novas prazas de aparcamento.
{flowplayer}images/salnes/PARKING_CAMPOLONGO.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Dende o medio día está oficialmente inaugurado o Parking de Campolongo. O alcalde de Pontevedra, cualificou o feito coma unha excelente noticia, que naceu para dar servizo aos usuarios do novo edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Segundo alcalde, co parking están levando a cabo un crecemento ordenado, gañando unha praza pública con espazos de lecer, amais do propio servizo do aparcamento. Este, dispón de case mil duascentas prazas, e mais do 60% estará a disposición do público.
Máis aparcamentos teñen previsto a súa apertura en Pontevedra. O seguinte, agardan sexa para as Peregrinas do 2010, o de Praza de España. Están pendentes o do antigo cuartel da Garda Civil, o do novo edificio da ONCE, o da antiga finca do Teucro e o da Horta do Cura Segundo Lores, palíase así, o eterno problema do tráfico na cidade do Lérez.
Redacción Salnés








