Entréganse en Vilagarcía os premios Arousáns do Ano 2008

    arousans_ano__100.jpgVILAGARCÍA> O Diario de Arousa celebrou este sábado o seu oitavo aniversario ca entrega dos premios Arousáns do Ano.

     {flowplayer}images/salnes/160309_arousans_do_ano.flv{/flowplayer}

    Nesta edición os premiados foron a Agrupación músico-cultural de Ribadumia, o coro do Liceo Casino, A Mancomunidade Arousa Norte, o Consello Local da Muller de Vilagarcía, o colexio á Lomba de Vilagarcía, o ciclista Gustavo César Veloso, o Club Xadrez Fontecarmoa, a adega Condes de Albarei, a conserveira Jealsa-Rianxeira, Cáritas Interparroquial Arousa, Afasal, Amigos de Galicia e os deportistas Antón Paz e Carlos Pérez Rial “Perucho”.

    Todos eles recolleron o seu galardón ante un auditorio de Vilagarcía repleto de veciños e persoeiros, entre eles, a Consellería en funcións de Pesca, Carme Gallego, o Secretario Xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Pérez Lema, o presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, e varios alcaldes dos dous lados da ría de Arousa, entre outros.

    Todos eles quixeron arroupar a este xornal nesta celebración, que se da nuns tempos de difícil conxuntura económica. Unha etapa esta, de crise, na que todos debemos seguir traballando a prol desta ría, tal e como se comprometeu a mesma Conselleira de Pesca en funcións. A maiores dos premios, o auditorio puido desfrutar dun amplo espectáculo de luz, música e cor, a cargo de actuacións como a de Pablo Méndez Performances ou Ca Lúa.

    Redacción Salnés