![]()
MEIS> Un lume intencionado queima preto de mil metros cadrados de arbolado na parroquia de Paradela.
{flowplayer}images/salnes/160309_incendio_forestal.flv{/flowplayer}
O incendio comezaba arredor da unha e media da tarde nunha zona boscosa de Monte Ferreira, no concello de Meis. Segundo informou o presidente da Comunidade de Montes, Eugenio Hernández, o lume iniciouse en dous puntos diferentes ó pé da estrada, polo que se trata dun incendio intencionado. Os veciños da zona encargáronse de sufocar o primeiro dos focos mentres chegaban os equipos de extinción: un retén de bombeiros da Consellería de Medio Rural e un helicóptero. A intensa fumareda acendeu as alarmas dos habitantes da zona, que acudían ó lugar sen saber aínda o que acontecera.
En total arderon preto de mil metros cadrados de superficie arbolada. Unha vez apagado o lume, os equipos de extinción revisaron o terreo para asegurarse de que ningún foco quedaba activo.
Redacción Salnés







