A rapazada de Vilagarcía presume de flor favorita: ‘Teño camelias na casa dos meus avós’

VILAGARCIA> Vilagarcía converteuse esta fin de semana en destino preferente para os amantes da camelia. A cidade acolleu a exposición internacional desta flor, unha cita que acada neste 2024 os 69 anos. Preto de 40 cultivadores participaron no evento que hoxe continuou coa visita da rapazada de varios centros educativos vilagarciáns.

Trátase dunha flor que gusta a todo o mundo e que moitos coñecen de primeira man.

Trátase da camelia, unha flor que durante estes días é protagonista absoluta en Vilagarcía. Logo dunha intensa fin de semana, hoxe foi a rapazada de varios centros educativos da cidade a que visitou a Exposición Internacional da Camelia. Pola Praza da Peixería estivo hoxe alumnado dos colexios da Lomba, a Escardia e do Centro de Educación Especial

E abofé se hai. Aquí, por exemplo, déronse cita preto de 40 cultivadores e máis dunha trintena de expositores que amosaron con orgullo algúns dos seus exemplares máis vistosos. Precisamente aos máis pequenos o que máis lles chamou a atención foi a variedade cromática.

Acompañando ao alumnado estivo tamén hoxe o alcalde da cidade. Alberto Varela destaca o éxito desta edición, salientando a gran cantidade de público que participou durante esta fin de semana nas xornadas principais.

Unha cita que deixa moi bo sabor de boca e non só polo té de camelia que se puido degustar durante esta fin de semana. O premio máis cobizado polos cultivadores foi parar a un veciño de Rubiáns. Abelardo Barcala leva máis de 25 anos coidando das máis de 2.000 camelias que ten no seu xardín, do mesmo xeito que antes facía o seu pai.