A concellería de Cultura de Boiro presenta unha ampla oferta lúdica para este Nadal

BOIRO> A programación para o Nadal en Boiro será do máis variada. Nela incluiranse concertos, espectáculos infantís, festivais de Nadal e tamén a carpa solidaria.

Un amplo abano de posibilidades para satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. O obxectivo: atraer a maior cantidade de xente posible.

Despois da inauguración do alumeado, as actividades continúan esta vindeira fin de semana cun festival solidario para recadar fondos en beneficio da Fundación Andrea o domingo a partir das cinco da tarde no pavillón da Cachada.

Pero non será o único festival, están previstos tamén outros para o días 17 e 18 das agrupacións Xilbarbeira e Cen Pliés e tamén o da Asociación de Veciños de Abanqueiro. E o día 23 de decembro comezan as actividades na Carpa Solidaria, que estará instalada na Praza de Galicia.

Na carpa tamén se celebrarán distintos espectáculos infantís como o Circo de Nadal, e tamén actividades para a mocidade como o Micro Aberto.

Para máis información o programa máis detallado pódese consultar na propia web municipal ou nas propias redes sociais do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí