Unha de cada 8 mulleres padecen cáncer de mama metastásico

PONTEVEDRA> Enmarcado tamén no Día Mundial Contra o Cáncer, a Asociación Cáncer de Mama Metastásico anunciou hoxe unha actividade cultural para esta fin de semana. Trátase da representación de teatro “Una de 8”. Unha obra na que se da a coñecer a experiencia de tres pacientes.

Tres mulleres coinciden nunha sala de espera do hospital. As tres teñen cáncer de mama e a consulta de oncoloxía acábase convertendo nun punto de encontro para elas. Ese é o argumento da obra “Una de 8”. Unha representación teatral que chega este sábado a Pontevedra.

Detrás desta obra de teatro está a Asociación Cáncer de Mama Metastásico. Este colectivo foi fundado hai dous anos para dar visibilidade a esta enfermidade e para tratar de eliminar da sociedade a imaxe de “superwoman” que loita contra o cancro.

Este colectivo conta actualmente cuns 500 asociados e con máis de 7.000 seguidores nas redes sociais. Sen embargo, Araceli Oubiña quixo deixar claro esta mañá que aínda queda moito para conseguir que esta enfermidade teña un respaldo social.

1 de cada 8 mulleres padece cáncer de mama metastásico. Cada 90 minutos falece unha delas e ao ano esta enfermidade lévase por diante a unhas 6.000 persoas. Para que estas cifras melloren é fundamental apoiar iniciativas coma estas que buscan visibilizar a enfermidade e fomentar a investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí