A Deputación festexa as Letras Galegas reivindicando ‘365 días en galego’

PONTEVEDRA> Na conta atrás para a celebración do Día das Letras Galegas, a Deputación de Pontevedra reivindica ‘365 días en galego’. Esta mañá, o organismo provincial presentou o seu programa para render homenaxe a Xela Árias. Haberá espectáculos multidisciplinares, exposicións, obradoiros para centros de ensino e actividades escénicas durante todo o ano.

A Deputación de Pontevedra vai extende-la programación do Día das Letras Galegas ao longo de todo o ano. Baixo o lema ‘365 días en galego’, o goberno provincial impulsará unha serie de actividades centradas en reivindica-la lingua propia.

Haberá espectáculos multidisciplinares, exposicións, obradoiros para centros de ensino e actividades escénicas durante todo o ano.  As iniciativas estarán enfocadas en especial á mocidade. As primeiras actividades centraadas na figura de Xela Árias terán lugar xa a semana que vén.

Na presentación do programa das Letras estivo tamén Xulio Gil, viúvo e fotógrafo da autora homenaxeada este ano. A Deputación aproveitou tamén para reivindica-lo papel das mulleres na literatura galega, lembrando que nos últimos 50 anos só houbo 5 mulleres distinguidas coas Letras Galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí