Carlos Meixide leva a Cortegada a súa última novela, ‘Camiño de Paixóns’

VILAGARCÍA> O escritor Carlos Meixide protagonizou un dos grandes eventos da iniciativa ‘Vilagarcía, cidade de libro’. O autor presentou na illa de Cortegada a súa última obra, ‘Camiño de Paixóns’. Unha publicación que mestura suspense e erotismo e que acaba de recibi-lo premio de novela ‘Camiño de Santiago’.

Cun paseo en barco comeza a aventura literaria de Carlos Meixide no ”Vilagarcía, cidade de libro’. O escritor presentou na illa de Cortegada a súa última obra, ‘Camiño de Paixóns’. Un segredo que, conforme vai avanzando o percorrido vaise desvelando. ‘Camiño de Paixóns’ foi premiada xa co premio de novela Camiño de Santiago. O autor enmárca a súa publicación dentro da ‘novela de quiosco’. Unha novela que busca entreter mesturando suspense e erotismo.

O autor, quixo salientar tamén o privilexio de poder facer a súa presentación nun marco tan singular como Cortegada. A presentación de Carles Meixide en Cortegada forma parte do programa da iniciativa ‘Vilagarcía, cidede de libro’, impulsada polo Concello. No marco desta acción cultural, hoxe celebrouse temán un encontro entre Ildefonso Falcones e Nacho Carretero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí