O hospital do Salnés pon en marcha unha consulta de androloxía

    consulta_androloxia_100_180309.jpgSALNÉS> O departamento adicarase ó tratamento e estudo da función sexual e a reproducción masculina.

    {flowplayer}images/salnes/180309_consulta_androloxia.flv{/flowplayer} 

    A unidade de androloxía do Hospital do Salnés nace co obxectivo de ofrecer unha atención específica ós pacientes varóns que sofren algún tipo de disfunción sexual ou problema de reprodución. Aínda que está vinculada directamente á área de uroloxía, o hospital do Salnés quixo crear unha consulta independente para non colapsar o servizo e evitar listas de agarda.

    Para realizar un enfoque terapéutico e diagnósticos máis completos, a consulta de androloxía contará co apoio doutros especialistas do centro, como psicólogos, así como a colaboración de distintos laboratorios. Nun futuro, a dirección do hospital ten previsto ampliar o servizo ó tratamento das disfuncións sexuais femininas, completando así o tratamento integral á parella.

    Segundo Varela, a alteración sexual máis común entre os varóns é a disfunción eréctil. Arredor do 22 por cento dos homes de entre 25 e 70 anos sofren este problema, seguido da exaculación prematura e alteracións do desexo.

    Coa creación desta consulta, o hospital do Salnés convértese no terceiro centro de Galicia en ofrecer este servizo, por detrás de Vigo e A Coruña.

    Redacción Salnés