Cambados deseña un programa ‘transversal’ para visibilizar a loita contra a violencia machista

CAMBADOS> Cambados prepara o seu programa de actos para conmemora-lo Día da Violencia contra as mulleres. O goberno local quere darlle este ano un carácter transversal ó traballo a prol da erradicación desta lacra, implicando a concellerías como a de Enoturismo.  Ese departamento vai organizar “Un paseo entre viñedos”, que vai ter un carácter benéfico.

Cambados ten todo a punto para conmemora-lo Día Contra a Violencia machista. Este ano, o concello quere darlle a estes actos un carácter transversal, implicando ás diferentes áreas do goberno local.

Unha das concellerías que se suma desta volta ás iniciativas é a de Enoturismo. Ese departamento organiza o vindeiro día 17 “Un paseo entre viñedos”, en benefeicio da Asociación Esmar.

O programa inclúe unha charla sobre novas iniciativas na loita contra a violencia de xénero e actividades destinadas ó alumnado de secundaria dos centros educativos cambadeses.

O propio 25N, como é xa habitual, darase lectura ó manifesto institucional na Praza do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí